• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión
Sección con el apoyo de

O Sindicato Labrego Galego traslada a Medio Rural o problema dos impagos ás explotacións lácteas

27/01/2012

Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego reuniuse, 26 de xaneiro en Compostela, coa conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, para trasladarlle o problema de impagos que están a sufrir moitas explotacións na Galiza por parte das empresas que lles recollen o leite como Lácteos Tambre, Queixería Macán ou Eugenio Rey. A delegación do SLG estivo formada pola secretaria xeral da organización, Carme Freire; a responsable da Dirección do Leite, Lupe Prado; e catro gandeiras afectadas.

Á saída da xuntanza, as integrantes da comitiva explicaron que a conselleira de Medio Rural fora receptiva cos seus problemas, comprometéndose a expresar publicamente o apoio da Consellaría ás explotacións afectadas; e estudando medidas de presión ás empresas para obrigalas a saldar as súas débedas e para que este tipo de prácticas empresariais abusivas non se repitan.

Previamente, nos exteriores do edificio administrativo de San Caetano, houbo unha concentración de protesta que estivo apoiada pola Dirección do Leite do Sindicato Labrego Galego, e á que acudiron máis titulares de explotacións afectadas polos impagos. Carme Freire lembrou que “levamos máis dun ano denunciando un problema de impagos no que determinadas empresas lácteas campan ás súas anchas, pois a pesares de que acudimos aos xulgados e obtivemos fallos favorables, aínda non se cobrou nin un céntimo”.

Precisamente, esta situación de impotencia e a falla de resposta, até o de agora, dos poderes públicos, foi o que animou ao Sindicato Labrego e ás explotacións afectadas a trasladarlle este problema directamente á conselleira de Medio Rural. “Isto non pode seguir así e alguén ten que poñer fin ás prácticas destas empresas”, declarou a secretaria xeral do SLG, pedindo a continuación “que se habiliten medidas dende a Administración para que estas empresas non poidan decidir arruinar as nosas vidas cando queiran e como queiran; e para que non poidan seguir incumprindo, impunemente, leis como a de morosidade”.

Toda esta problemática resúmese de maneira gráfica no caso de María Valdivieso e Benito Pose, que rexentan unha explotación en Muxía á que Lácteos Tambre lles debe máis de 3.000 euros. “Levamos máis dun ano agardando para cobrar” explicou María “mesmo o xuíz fallou a favor nosa. Temos a lei da nosa parte, pero tamén necesitamos o apoio da Administración, e por iso estamos aquí. Esperamos que non sexan xordos, que non sexan mudos, e que nos apoien”. María tamén expresou o sentir unánime dos gandeiros e gandeiras que se atreveron a denunciar a Lácteos Tambre, co apoio do Sindicato Labrego: “Non nos imos cansar e imos continuar loitando. Coa moral non nos van acabar, e coa nosa dignidade tampouco. Non vimos aquí pedir esmola, vimos reclamar o que é noso: os nosos cartos, que os necesitamos para comer e para sobrevivir”.

Aínda que as explotacións apoiadas polo Sindicato Labrego Galego e que se atreveron a denunciar son seis -que en conxunto teñen unha débeda contraida con Lácteos Tambre duns 60.000 euros-, as explotacións afectadas son moitas máis, o mesmo que as empresas lácteas morosas. Carme Freire explicou que “se hoxe non hai máis gandeiros e gandeiras aquí é porque estas empresas practican unha estratexia do medo e a xente ten medo ás represalias”.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre LECHE

  • Ganaderos de leche, contra la industria: «Sin leche no pueden transformar» 27/03/2026
  • Los ganaderos de leche no cubren costes y el campo asturiano sale a la calle este viernes 26/03/2026
  • Entrada masiva de excedentes lácteos europeos en el mercado español según FeNIL 26/03/2026
  • Castilla y León convoca los Premios Cincho 2026 24/03/2026
  • UPA CyL  reclama a las industrias lácteas que prorroguen los contratos de recogida de leche 24/03/2026
  • Los socios de Fonterra recibirán una media de 180.000 € tras la venta de parte del negocio 23/03/2026
  • Reclaman la prorroga de los contratos de leche a partir de abril 23/03/2026
  • «La leche para nuestro desayuno vendrá en polvo si la industria gana la batalla» dice COAG 20/03/2026
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

¿Quieres estar al día de toda la actualidad del campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo