Dende Xóvenes Agricultores queremos manifestar a nosa total desconformidade ca actuación da Axencia Tributaria nesta derradeira semana.
Nos últimos días están chegando cartas de feito indiscriminado procedentes da Dependencia Rexional de Xestión Tributaria de Ourense (Carballiño) a agricultores e gandeiros de Galicia. Nas mencionadas cartas esíxenlles a persoas que se encontran no réxime especial da agricultura, gandería e pesca de IVA e estimación obxectiva en Renda, a presentación da declaración anual de operacións con terceiras persoas. Neste réxime máis coñecido como módulos non existe a obriga de presentar esta declaración anual, tal como se reflexa na normativa RD 1065/2007 DE 27 DE XULLO.
A Axencia Tributaria esíxelle aos contribuíntes demostrar que non están obrigados a presentar a citada declaración, cando en realidade é un claro erro da propia Administración estatal.
De todo esto derívase erroneamente que figuran con incumprimentos coa Administración, co cal non poden percibir ningún tipo de axuda pública.
Na práctica supón a paralización de mais de 5 millóns de euros, entre Pago Único, Plans de Mellora, CES, IC, Pagos Sector Lácteo…
Dada a nefasta situación económica que están a sufrir o sector esta neglixencia da Administración Tributaria resulta inaceptable, polo que Xóvenes Agricultores esixe a inmediata corrección de oficio.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.