Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / UUAA reclama unha reunión urxente co presidente da Xunta para analizar a situación crítica de miles de explotacións

           

UUAA reclama unha reunión urxente co presidente da Xunta para analizar a situación crítica de miles de explotacións

24/11/2011

O sindicato Unións Agrarias instou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a que volva a realidade galega despois da última cita electoral de carácter estatal e se reúna co sector agrogandeiro co fin de analizar dunha vez por todas a realidade das explotacións galegas, moitas delas en situación límite.

A organización sindical lembra que o novo Goberno estatal saído das urnas o pasado domingo deberá, ademais de poñer en marcha medidas contra a crise, concretar de xeito urxente a posta en marcha do novo decreto lácteo e negociar unha nova PAC en Bruxelas que contribúa viabilizar o agro galego e non a exterminalo.

Desde UUAA lémbrase de novo que o diferencial de prezos do leite entre Galicia e España e tamén Francia segue a ser moi significativo. Así, mentres que no mes de setembro, o leite se pagaba en Galicia a 31,16 céntimos o litro; en España fíxose a 32,60 e en Francia, a 35,99 céntimos; o que se traduce nunha diferenza de 1,44 céntimos máis pagados a gandeiros españois que a galegos, e de 4,83 céntimos o que se paga máis a gandeiros franceses que a galegos.

Do mesmo xeito, o sindicato lembra que na última Mesa do Leite, a industria se comprometeu a pagar o leite conforme á media do que se paga en Francia, polo que para alcanzar a media francesa de 2011 que se sitúa en 32,94 céntimos, o leite en Galicia debería pagarse en novembro e decembro a razón de 44,51 céntimos o litro.

Este é só un dos parámetros que denotan unha situación dramática das explotacións galegas, xa que a isto engádese a falta de axudas e a práctica desaparición doutras que son única e exclusivamente competencia da Administración autonómica como son as do CES, ás de zonas desfavorecidas, as compensatorias dos danos provocados pola fauna salvaxe, etc.

Hai que ter en conta por outro lado a suba dos prezos dos insumos que neste exercicio foi tremendamente significativa e agravada polo período de seca que viviu a Comunidade galega desde o mes de marzo deste ano. Esta situación fixo que as explotacións perdesen unha media de 15.000 euros este ano destinados a afrontar o incremento dos custes de pensos.

Finalmente, desde UUAA preténdese abordar co presidente da Xunta a futura PAC, na que terá un especial peso o territorio. Neste sentido, UUAA considera a nova Lei de Mobilidade de Terras de ocasión perdida para as explotacións agrogandeiras galegas pola falta de concreción normativa como polo prantexamento pouco ambicioso en cuestións claves como a ordenación do territorio no rural de Galicia.

Para a organización agraria é moi significativo que en Galicia a media sexa de 10 ou 12 hectáreas por explotación, mentres que noutras Comunidades, este valor increméntase ata as 150 ha ou incluso as 200 ha. Esta situación sitúanos nunha situación de desvantaxe no punto de partida ante a nova PAC.

A Xunta de Galicia parece descoñecer que cos parámetros que previsiblemente estarán presentes na nova PAC, nos que se prima o factor superficie territorial para o reparto de axudas, o gandeiros e agricultores galegos vanse atopar con moitas dificultades para poder acceder a eses fondos. Outras comunidades como Andalucía, si teñen moi presente esta realidade de xeito que na declaración da PAC de 2011 vese como incrementaron a superficie agraria en case un millón de hectáreas mentres que Galicia perdeu 25.000 hectáreas.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo