O sindicato Unións Agrarias considera a nova Lei de Mobilidade de Terras de ocasión perdida para as explotacións agrogandeiras galegas pola falta de concreción normativa como polo prantexamento pouco ambicioso en cuestións claves como a ordenación do territorio no rural de Galicia.
Para a organización agraria o anuncio da Consellería do Medio Rural de facerse titular de 320.000 parcelas con propietario descoñecido, responde a necesidade de facer anuncios en campaña electoral, xa que se temos en conta que o volume de terras que se contempla é de apenas 5.600 hectáreas, sae unha media de apenas 175 m2 por parcela o que ademais de carecer de toda utilidade para agricultores e gandeiros parece afondar no secular minifundismo de Galicia.
A Xunta de Galicia parece descoñecer que cos parámetros que previsiblemente estarán presentes na nova PAC, nos que se prima o factor superficie territorial para o reparto de axudas, o gandeiros e agricultores galegos vanse atopar con moitas dificultades para poder acceder a eses fondos. Outras comunidades como Andalucía, si teñen moi presente esta realidade de xeito que na declaración da PAC de 2011 vese como incrementaron a superficie agraria en case un millón de hectáreas mentres que Galicia perdeu 25.000 hectáreas.
As explotacións galegas sempre viron lastrada a súa rendabilidade pola falta de base territorial que encarece os custos de produción e dificulta a expansión da súa actividade. Unhas dificultades que se verían resoltas se a través do Banco de Terras se aplicasen políticas decididas e operativas que saquen a luz o millón de hectáreas que permanecen abandonadas ou que se dedican, saltándose a lei, a uso como o forestal.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.