• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión
Sección con el apoyo de

O Sindicato Labrego Galego acláralle á Consellaría de Medio Rural que segue en contra da OCM do leite

15/07/2011

O Sindicato Labrego Galego quere aclarar o seu posicionamento no sector lácteo diante das declaracións públicas feitas pola Consellaría de Medio Rural tras o encontro mantido onte, 13 de xullo, para falar da aplicación das medidas do “paquete lácteo” que a nova Organización Común de Mercado (OCM) traerá a Galiza. Nun comunicado oficial, o departamento que dirixe Samuel Juárez di que “A Consellería do Medio Rural e as principais organizacións profesionais agrarias galegas unen os seus esforzos para urxir á Unión Europea a inmediata publicación do chamado “Paquete lácteo”, un conxunto de medidas legais que, de xeito resumido, posibilitarán a modificación do regulamento da Organización Común de Mercado (OCM) única, para incluír a obriga dos contratos, a mellora da capacidade de negociación a través das organizacións de produtores e que se mellore a transparencia da cadea de valor do leite”.
O Sindicato Labrego Galego opúxose, dende o principio, a medidas como a obriga de asinar contratos sen prezo, ou a destrución da negociación colectiva no sector leiteiro que supón a creación das organizacións de produtores (OPL). O Sindicato Labrego Galego defendeu e defenderá que os contratos só se asinen cando garantan un prezo digno que cubran os custes e o traballo das explotacións leiteiras; e que a negociación dos prezos se faga no seo dunha interprofesional na que estean representados todos os axentes do sector (organizacións agrarias, industria, distribución, e consumidores e consumidoras, cumprindo a Administración funcións de arbitraxe). Ademais, para o Sindicato Labrego Galego, as medidas do “paquete lácteo” (contratos sen prezo, organizacións de produtores…) non van solucionar a crise estrutural que padece dende hai décadas o sector lácteo. Para iso, cómpren medidas de máis fondo calado, como un control da produción que equilibre a oferta e a demanda, e a regulación pública dos mercados.

Aclarado o devandito, o Sindicato Labrego Galego admitiu traballar en común coa Consellaría, as cooperativas e as outras organizacións agrarias polo interese do sector e dentro do marco legal establecido e das normas que se impuxeron dende a Unión Europea e dende o Ministerio e a Consellaría de Medio Rural, e así o expresou na xuntanza de onte, sen que isto supoña renunciar a ningunha das reivindicacións devanditas.

Segundo declaracións do coordinador dos sectores gandeiros no SLG, Xabier Gómez Santiso, que participou no encontro de onte en Medio Rural xunto á responsable do sector lácteo nesta organización agraria, Lupe Prado, “o Sindicato Labrego non está de acordo coa OCM do leite nin pensa que o sistema de contratos sexa xusto ou que vaia solucionar os seus problemas. Tampouco cremos que as organizacións de produtores deban ser as que negocien os prezos do leite. Pero, xa que o marco lexislativo nos obriga a que as negociacións no sector lácteo sexan feitas exclusivamente polas OPL, participaremos nese xeito de funcionar apostando por unha OPL galega”.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre LECHE

  • Los ganaderos de leche no cubren costes y el campo asturiano sale a la calle este viernes 26/03/2026
  • Entrada masiva de excedentes lácteos europeos en el mercado español según FeNIL 26/03/2026
  • Castilla y León convoca los Premios Cincho 2026 24/03/2026
  • UPA CyL  reclama a las industrias lácteas que prorroguen los contratos de recogida de leche 24/03/2026
  • Los socios de Fonterra recibirán una media de 180.000 € tras la venta de parte del negocio 23/03/2026
  • Reclaman la prorroga de los contratos de leche a partir de abril 23/03/2026
  • «La leche para nuestro desayuno vendrá en polvo si la industria gana la batalla» dice COAG 20/03/2026
  • La Xunta rechaza las rebajas del precio de la leche y exige más control en los contratos 19/03/2026
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

¿Quieres estar al día de toda la actualidad del campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo