Unións Agrarias esixe da Consellería de Industria unha investigación a fondo das neglixencias que permitiron por en circulación carburantes agrícolas que están resultando letais para os motores dos tractores en diversas comarcas de Galicia. Do mesmo xeito o sindicato quere que fagan público o informe resultante para coñecer polo miúdo os causantes desta vaga de avarías que nalgúns casos superan os 6.000 euros.
Polos datos que manexa a organización agraria os problemas derivados do consumo deste diésel presuntamente adulterado, sitúanse nos filtros de carburante, nas bombas de alimentación e sobre todo nos inxectores que quedan totalmente inservibles, co custe elevados que supón en recambios para os produtores afectados. Para coñecer as manipulacións as que foi sometido o carburante o departamento de Javier Guerra debe mover inmediatamente ós seus inspectores para analizar nos puntos distribución e detectar a orixe deste gasoil, posto que os gandeiros non dispoñen de recursos para poder coñecer se o carburante que usan acabará co tractor no taller.
Os servizos xurídicos de UUAA están a recoller as queixas que están a chegar as oficinas do sindicato para iniciar un proceso xudicial conxunto con tódolos afectados contra dos que por neglixencia ou de forma intencionada puxeron no mercado uns carburantes perigosos, e esixir indemnizacións por danos e perxuizos. Neste sentido desde a organización agraria lémbrase aos afectados que documenten con facturas do taller de reparación e co informe do mecánico as causas e o custe da avaría.
Para o sindicato é lamentable que nun contexto de crise como que están a atravesar as explotacións haxa quen adultere os carburantes para incrementar os beneficios co risco de perxudicar aos agricultores e gandeiros provocándolle avarias na súa maquinaria ou minguandelle o rendemento da mesma pola baixa calidade do gasoil. Finalmente, Unións Agraria denuncia o total descoñecemento do protocolo a seguir, mostrado ante os afectados solicitantes de información tanto nas oficinas de Consumo como na propia Consellería de Industria.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.