Por fin, dous meses despois de iniciada a campaña láctea 2011/2012, e tras a insistencia de Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino (MARM) moveu ficha para formalizar cos gandeiros as cesións temporais de uso gratuito de cota láctea.
O Real decreto publicado o pasado sábado 4 de xuño posibilita a cesión temporal do uso de cota láctea existente na reserva nacional.
España dispón para a Campaña 2011/12 de 6.298.788 toneladas para venta a industrias. Na pasada Campaña 2010/11 a producción estatal superou escasamente os 6 millóns de toneladas. Pese a elo, mais de 9.500 productores españois (dos 21.870 que venderon leite) sobrepasaron a súa cota de producción. Deles, 5.644 son galegos.
De ahí que sexa tan necesario que estas cesións temporais de cota estean xa operativas.
Coa posta en marcha destas cesións incrementase a contía da cota particular entre un 5 e un 6 %, cun límite de 200.000 toneladas. Non será necesario cumplimentar ningunha solicitude, xa que será a propia Administración quen actuará de oficio.
De cara á implantación dos contratos obligatorios é fundamental dispor da maior cantidade de cota dispoñible.
Os gandeiros galegos contan cunha asignación global de cota de 2.150.000 toneladas, pero a súa producción superou os 2.260.000 toneladas.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.