Unións Agrarias consigue que o Parlamento de Galicia debatese e aprobase por unanimidade unha moratoria ata o 2015 da Lei de Arrendamentos Históricos, co que de feito se evita o desafiuzamento dun número importante de explotacións gandeiras e agrícolas. Como xa anunciaba o pasado mes de novembro o sindicato, o vindeiro 31 de decembro remataba a última prorroga para aplicación da Lei 3/1993, do 16 de abril que evitaba o desafiuzamento dos agricultores e gandeiros que teñen as terras en réxime de arrendamento ou parcería, subrogando os seus antepasados con anterioriade ao 1 de agosto de 1942.
O igual que xa fixera na anterior lexislatura, o pasado día 2 de decembro UUAA reuníase cos grupos parlamentarios para expoñerlle a importancia de establecer una nova moratoria a que se puidesen acoller todas aquelas gandeiros e agricultores que por falta de recursos ou avanzada idade non puideran facerse coa propiedade das terras ou das casas que manteñen aínda en réxime arrendamento. Coas modificacións introducidas na lei ademais da moratoria posibilitase que no caso de que, chegada a data de extinción dos arrendamentos ou parcerías, o arrendatario ou parceiro houbera cumprido os 60 anos, prorrogaráselle o contrato de forma excepcional ata que o titular acade a idade de xubilación. Así mesmo no artigo 7 coa nova redacción, a Xunta de Galicia poderá na medida das disponibilidades orzamentarias, establecer as medidas necesarias para facilitar o acceso a propiedade dos arrendatarios e parceiros.
En 1993 aprobouse a Lei galega de arrendametos históricos, en cuxa redacción tivo parte activa UUAA e que viña substituír a lei estatal de 1992, para incluír tamén as parcerías, clarificando a forma de establecer o prezo de acceso e establecendo un prazo para o exercicio do mesmo que remataba no ano 2005. O sete de decembro dese ano, antes de rematar o prazo, o DOG publicaba unha prórroga para exercitar ese dereito que remata o 31 de decembro de 2010.
En 1991 Unións Agrarias realizou o primeiro censo de caseiros, unha análise que estimou que os arrendamentos rústicos históricos en Galicia sumaban uns 1.079, cunha media de idade de 60 anos e unhas terras que agrupaban 6.500 hectáreas, repartidas o 90% na provincia da Coruña e o 10% restante en Lugo. Dende a entrada en vigor da lei galega ata a publicación da prórroga accederan á propiedade 271 caseiros, tal e como sinala a exposición de motivos.
A descapitalización das explotacións, a situación do sector gandeiro (leiteiro e cárnico) e tamén a falta de sucesións nas explotacións impediron que desde aquela data os caseiros non puideran exercitar o PRINCIPAL dereito que se lles recoñece na lei aos arrendatarios históricos: o dereito de acceso á propiedade que consiste na posibilidade de adquirir as terras que levan en arrendamento ou parcería por un prezo que se fixa pola media aritmética entre o valor de mercado e o valor catastral das terras que levan, traballan e explotan, desde tempo inmemorial e por subrogación dos seus antepasados
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.