A Xunta de Galicia púxose en contacto co Tribunal Galego de Defensa da Competencia “en demanda das oportunas investigacións”, en relación coa situación do sector lácteo e, concretamente, con determinadas prácticas que levan a cabo as industrias e a distribución e que poderían ser lesivas para os produtores. Así se desprende da carta remitida polo conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, ao secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, en resposta á misiva remitidas polas organizacións profesionais agrarias ao presidente da Xunta hai varias semanas.
A comunicación do conselleiro do Medio Rural asegura, ademais, que a Xunta, logo das investigacións solicitadas ao Tribunal Galego de defensa da Competencia, podería dar “traslado das dilixencias oportunas á Comisión Nacional de Defensa da Competencia”.
A carta remitida polo titular do departamento do Medio Rural asegura, tamén, que a Administración autonómica segue a traballar “para lograr que, no marco das normativas europea e nacional, os produtores lácteos se poidan beneficiar dun fortalecemento da súa posición como parte integrante da cadea de comercialización do leite e os produtos lácteos”.
Esta misiva foi valorada “positivamente” polo secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, quen dixo que “xa era hora de que estes comportamentos irregulares, cuxo último exemplo atopamos hai días coa postura de Alcampo sobre Leche Pascual, fosen obxecto de investigación por parte das autoridades de competencia”.
Bello indicou, tamén, que “os gandeiros están á espera de que se adopten medidas exemplares contra estas prácticas abusivas que contribúen a arruínar aos produtores”.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.