Na reunión da INLAC, (Interprofesional Láctea) mantida hoxe en Madrid por parte dos principais actores do sector a nivel estatal, quedou de manifesto a falta total de compromiso por parte das industrias para chegar a un acordo que faga viable un futuro para o sector lácteo español.
A FENIL, (Federación Española de Industrais Lácteas) propuso na xuntanza desta mañán uns mecanismos de indexación totalmente inasumibles por parte dos produtores xa motivarían subas no prezo do leite de escasamento un céntimo para a producción entregada en outubro o que ven a alonxar a Galicia aínda máis da convergencia cos prezos que se están a pagar no resto das rexións produtoras de leite da Unión Europea.
Desde UUAA lémbraselle a FENIL que deixe de lanzar cortiñas de fume sobre hipotéticas subas no prezo do leite de aquí a finais de ano e se implique de forma seria na posta en marcha de instrumentos estables e fiables para a composición do prezo desde o produtor ao consumidor.
Ante esta situación de risco certo de embarrancamento das negociacións, Unións Agrarias pídelle a nova ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Rosa Aguilar, unha implicación directa fixando unha reunión con carácter urxente para retomar cos representantes do sector a posta en marcha do paquete de medidas lexislativas que impidan as industrias lácteas o non asumir as súas responsabilidades.
O sindicato UUAA, e o resto das organizacións agrarias, propoñen como punto de partida retomar os mecanismos de indexación de 2003, pero introducindo elementos correctores no referido ao incremento dos custes dos imputs para a producción, (enerxía, fertilizantes, pensos, etc).
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.