Unións Agrarias denuncia a escandalosa complicidade da Federación de Produtores Lácteos (FEPLAC) coa Federación Nacional de Industrias Lácteas (FENIL), para intentar sabotar calquera solución que sirva para viabilizar o sector lácteo en Galicia.
Co seu habitual cinismo e falta de criterio, o presidente da FEPLAC, Xaquín López, facía público onte o seu rexeitamento dos contratos homologados ao tempo que louvaba as bondades dos que el chama contratos comerciais, sen entender que os primeiros unicamente se distinguen dos segundos en que existe un regulamento que vela polo seu cumprimento.
É, pois, entendible o nerviosismo de Xaquín López e dos que, como el, perciben uns prezos preferenciais por parte das industrias á custa de espremer o resto dos produtores.
A intención da FEPLAC de intentar disfrazarse de gandeiro cando lle convén non engana xa a ninguén, pois é coñecida a pasada pertenza do seu presidente, Xaquín López, á FENIL.
Finalmente, Unións Agrarias reclama un pouco de seriedade e menos ansias de protagonismo mediático, ao tempo que lle lembra a Xaquín López que os discursos deslixitimadores da actividade sindical dos que tanto gusta son de curto percorrido, tendo en conta o seu curriculum.
A reprensentatividade das organizacións agrarias nace do voto dos produtores nas eleccións libres a Cámaras Agrarias, nas que -por certo- FEPLAC rexeitou participar.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.