Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Medio ambiente / Forestal / A xestión dos incendios fíxose de costas ao territorio

           

A xestión dos incendios fíxose de costas ao territorio

07/10/2010

Rematada oficialmente a campaña de incendios forestais do ano 2010, o balance que se pode definir como triste, pobre e moi preocupante de cara ao futuro. A xestión da Xunta foi un fracaso, antes, durante e despois dos incendios porque segue sen contemplar o factor máis importante na prevención do lume: a xestión do territorio. Deste xeito, mentres os gastos de extinción acadaron neste ano a desorbitada cantidade de 150 millóns de euros, as explotacións gandeiras, a pesar de ser as barreiras máis eficaces contra do lume, viron recortadas as axudas nun 30%. O continuo abandono de actividade no rural está a acumular combustible no entorno dos pobos de imposible xestión se non é polo mantemento da actividade agraria e gandeira.

En materia de prevención houbo unha despreocupación lamentable, marcada pola incapacidade de colaborar cos Concellos para aplicar a lei de prevención de incendios forestais do ano 2007, o que deu como resultado a falta de desbouzado a termpo, dos núcleos rurais, coas conseguintes situacións de perigo para persoas e vivendas, así como unha preocupación e sentimentos xeneralizados de abandono entre as xentes que habitan, ou que teñen as súas familias residindo no rural. Igualmente a incapacidade da Xunta de xestionar con eficacia os fondos europeos, impediu que as Comunidades de Montes tiveran aprobadas as súas axudas para prevención de incendios ata finais do mes de xullo, e causando que as obras de subhasta pública de prevención de incendios, non se adxudicaran ata o mes de agosto. A todo esto hai que engadir o recorte de 8,6 millóns de euros en prevención con respecto de anos anteriores.

Durante a xestión dos lumes, evidenciouse que o sistema da Xunta ten graves problemas de coordinación, cando os seus 6.000 efectivos humanos, a pesares da súa entrega a fondo no traballo con risco das súas vidas, foron incapaces de facer fronte aos lumes, por falta de dirección e cadea de mando axeitada, creándose situacións de verdadeiro perigro para os traballadores en numerosas ocasiones, e terminando pequenos focos controlables en grandes incendios, por errores de bulto na xestión da extinción. Só o traballo da Unidade Militar de Emerxencias, e a colaboración das Brigadas Incendios Forestais do Ministerio de Medio Ambiente, (a diferencia dos servizos da Xunta, unidades totalmente profesionalizadas) evitou que o modelo de extinción da Xunta volvera a colapsar durante os días máis críticos de agosto, o que tería resultado nunha nova catastrófica vaga de lumes.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Los bosques europeos cada vez absorben menos carbono ¿por qué? 03/09/2025
  • El Paseo de la Castellana en llamas (X. Iraola) 01/09/2025
  • Detenida una mujer por presunta provocación de incendios forestales 16/07/2025
  • Refuerzo europeo contra incendios: la UE despliega medios aéreos y 650 bomberos en el sur de Europa 04/07/2025
  • Cada vez hay más fondos para prevenir los incendios forestales pero no se usan eficazmente (TCE) 12/06/2025
  • Galicia prohíbe desde hoy las quemas agrícolas y forestales de particulares 27/05/2025
  • Ya se pueden notificar las quemas agrícolas y forestales en Galicia 08/05/2025
  • Extremadura desarrolla un sistema de alerta temprana contra la seca del alcornoque y la encina 23/04/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo