A capital galega foi escenario ayer da constitución formal do Clúster Alimentario de Galicia. O seu presidente, José Luis Antuña, explicou que “esta é unha gran oportunidade para que empresas pequenas, medianas e grandes se unan e traballen conxuntamente de cara a presenza e posición nos mercados e á internacionalización, paliando así as grandes debilidades do sector agroalimentario galego, que pasan polo escaso valor engadido bruto respecto á facturación e á man de obra”. O director de FEIRACO explica que “estes fallos derivan dunha falta de innovación e de traballo conxunto das empresas e entidades do sector agroalimentario como unha soa marca, que representa toda Galicia”.
O centro social de Caixa Nova acolleu a xuntanza da Asemblea do Clúster Alimentario de Galicia, na cal se procedeu á aprobación da acta fundacional do ente; á definición dos órganos da asociación; á elección da nova Xunta Directiva; e á aprobación dos orzamentos e evolución para o ente, neste primeiro trimestre. Por outra banda, tamén se crearon varias comisións de traballo transversais e directas para determinados aspectos nos que se traballará dende este organismo (plan estratéxico, plan internacional, comunicación…), e aprobouse, tamén, e por unanimidade, a posta en marcha e desenvolvemento dos obxectivos da entidade, “co firme compromiso de buscar novas adhesións e de transmitir ao sector alimentario a conveniencia e a oportunidade que significa a creación do clúster”, asegurou Antuña. Nesta reunión, presentouse, así mesmo, ás empresas integrantes desta asociación a imaxe corporativa que os representará.
Hoxe son 30 as empresas que forman o Clúster Alimentario de Galicia, pero dende a Xunta directiva teñen clara a pretensión de cómo mínimo incorporar a medio prazo ás empresas, centros e organismos que están, na actualidade, adheridas á Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria (Ptgal). Estímase, ademais, que o plan director deste organismo estea pechado a finais de ano, nos meses de outubro e novembro executaranse as primeiras actividades prioritarias e é en decembro cando se prevé celebrar outra asemblea extraordinaria para presentar o plan estratéxico da entidade e para aprobar os orzamentos para 2011. Nestas mesmas datas barallan a posibilidade de facer unha presentación pública oficial do Clúster Alimentario de Galicia.
A Xunta directiva quedou constituída con José Luis Antuña, director de FEIRACO, á cabeza, ocupando a presidencia; HIJOS DE RIVERA a vicepresidencia; o CENTRO TECNOLÓXICO AGROALIMENTARIO DE LUGO (CETAL) a secretaría e a tesourería; e MARTINCODAX, ANFACO CECO-PESCA, a USC, ABRIL, CALVO, PESCANOVA, ABIASA, COREN, INGAPAN E MARRONGLACE como vogais.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.