O secretario xeral técnico de Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia, Juan P. Orozco, lanzou hoxe un aviso contundente ás industrias lácteas que operan en Galicia para que incrementen de xeito inmediato o prezo que pagan aos produtores e asegurou que XX. AA. está decidido a retomar as movilizacións se non se produce esta suba. “Ou hai un anuncio inmediato de suba de prezos aos produtores ou imos a tomar medidas contundentes”, dixo Orozco.
O secretario xeral técnico de Xóvenes engadiu que se van iniciar de inmediato os contactos co resto das organizaciones profesionais agrarias para “consensuar” medidas de presión “contra as industrias”. “Dígoo así de claro”, precisou Orozco.
A xuízo de Orozco, “todo indica que o prezo do leite en orixe ten que subir; non pode ser que en Alemaña estean pagando a 30 céntimos o litro e en Galicia teñamos unha orquilla entre 24 ou 27 céntimos”. A posibilidade de retomar as movilizacións plantéxase a pesar de ter observado “un cambio de postura” no Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, ao posicionarse “claramente” coas reivindicacións que se plantexan dende Xóvenes e, en xeral, dende as organizacións profesionais agrarias. “O paso que deu o ministerio é importante, aínda que non suficiente, porque hai que tomar medidas de forma inmediata para evitar o peche de explotacións”, dixo. Orozco lembrou que na última campaña cerraron máis de 600 granxas.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.