A organización agraria Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia valora “positivamente” o recente informe do Grupo de Alto Nivel (GAN) sobre o leite, no que se recomenda ás autoridades da Unión Europea (UE) pór en marcha medidas concretas para fomentar o uso do contratos na cadea de suministro de produtos lácteos e estudiar propostas para reforzar o papel de negociación colectiva dos gandeiros. “É un bo punto de partida”, dixo o secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, “pero agora o que ten que facer a Comisión Europea e mailo Parlamento Europeo é adoptar medidas efectivas e eficaces neste mesmo ano, para que non se volvan repetir situacións semellantes ás do ano pasado”. Bello, quen participou activamente en diversas ocasións nos debates do GAN dende o mes de outubro pasado, lembrou que este documento é “froito dese traballo de negociación nos foros nos que se toman decisións, pero sobre todo das movilizacións dos nosos gandeiros”.
Bello pediulle ao comisario de Agricultura, Dacian Ciolos, que “se comprometa activamente con estas recomendacións do GAN e que asuma, sen máis tardar, as reivindicacións das organización agrarias e as demandas dos gandeiros”.
Entre as recomendación do GAN, que inclúen basicamente as reclamacións formuladas dende hai tempo por Xóvenes Agricultores, figuran: a posta en marcha de relacións contractuais entre gandeiros e industrias; darlles aos gandeiros poder de negociación colectiva, negociando prezos e salvando os problemas coa comisión de competencia; potenciar a interprofesional leiteira; transparencia na cadea de suministros de produtos lácteos; medidas de mercado; normas de comercialización e etiquetaxe; e innovación e investigación. O informe completo vaise colgar proximamente na seguinte dirección:
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.