A organización profesional agraria Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia considera “totalmente inaxeitadas” e “faltas de fundamento” as expresións contidas no comunicado difundido por la Asociación de Empresas Lácteas de Galicia, recollidas hoxe por algúns medios de comunicación. Semella que as devanditas declaracións respostan, máis ben, á preocupación existente entre as industrias sobre a súas prácticas lamentables de dominio na cadea de valor, que xa tiveron críticas tanto dende a Administración central como dende os organismos da Unión Europea, ou á necesidade de desviar a atención doutras iniciativas que están en marcha no sector lácteo galego.
Nese senso, as declaracións do conselleiro do Medio Rural son, dentro do seu papel institucional, unha proba do apoio que deben ter os produtores, como o punto máis débil da cadea de valor. En todo caso, dende Xóvenes Agricultores vese claro que o titular deste departamento autonómico “quédase curto” nas xustas críticas que se lles poden facer a estas industrias.
No comunicado da devandita asociación, por outra parte, amósanse contradiccións, xa que se, por unha banda, as industrias falan de que non se recolle máis leite porque non fai falla, na práctica moitas destas industrias continúan a traer enormes cantidades de leite de fóra, nunha práctica que lesiona gravemente os intereses dos produtores galegos.
A nosa organización está disposta a negociar, como xa ten demostrado en máis dunha ocasión, coas industrias acordos estables a través dunha organización interprofesional seria. Hai que lembrar que son as industrias as que están a incumprir os acordos acadados, acordos nos que os produtores conseguimos involucrar mesmo á gran distribución, para resolver problemas que eran máis propios das industrias. Para Xóvenes Agricultores é inadmisible a súa velada ameaza permanente de deixar de recoller leite aos gandeiros, como estratexia de infudir medo para baixar os prezos. Esto, unido á imposibilidade real dos produtores de cambiar de
industria, amosa a falta de interese real das industrias por solucionar os problemas do sector, buscando só o seu propio beneficio, tal e como se comproba na súa conta de resultados, a costa da desaparición de miles de explotacións gandeiras e da ruína económica dos gandeiros que seguen a producir leite, aos que lles están a pagar, como media, tres céntimos de euro por debaixo do que aboan a outros produtores noutras zonas.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.