Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Política agraria / Política agraria España / Cómpre información, formación e estatísticas oficiais realistas para frearmos a sangría da siniestralidade laboral no agro galego

           

Cómpre información, formación e estatísticas oficiais realistas para frearmos a sangría da siniestralidade laboral no agro galego

29/10/2009

O Sindicato Labrego Galego presentou hoxe un estudo que baixo o título “Estudio sobre a siniestralidade no uso da maquinaria agrícola” analisa a problemática da accidentalidade no sector agropecuario ao tempo que apunta unha serie de recomendacións para que o sector agropecurio abandone as elevadas taxas de siniestralidade que sufre na actualidade .

No marco da presentación , o Secretario de Formación e Servizos do Sindicato Labrego Galego, Mariano Pazos, apuntou a necesidade de facer un esforzo conxunto entre o sector e as Administracións públicas e comprometeu a disposición do SLG a facer un especial esforzo nese ámbito, especialmente no ámbito da formación e da información, ao tempo que salientou a necesidade de concienciar a opinión pública acerca da magnitude e da relevancia da problemática da accidentalidade no agro.

Nese sentido, o Coordinador de Formación do SLG, Antonio Ferreiro, destacou a necesidade da adopción de medidas para que a siniestralidade que oficialmente se computa a nivel estatístico se axuste a siniestralidade real no sector, aspecto co que se amosou especialmente crítico.

Ferreiro fixo fincapé nos 12 mortos (sen computar o morto que, lamentábelmente, tivo lugar na maña de hoxe na Provincia de Lugo) que perderon ate o mes de Outubro a vida no ámbito da actividade agraria e dos centos de feridos e feridas de consideración, lamentando que as estatísticas oficiais non reflictan máis alá de 2/3 mortos por ano e escasamente unha trintena de feridos graves. “Non pode ser que a accidentalidade real supere en mais do 90% a oficialmente rexistrada” , apuntou.

O Estudo fai fundamentalmente fincapé na adopción de medidas de formación, información e sensibilización, sendo ao xuízo do SLG, os mozos/as e moi especialmente os maiores de 60 anos os mais necesitados dunha atención formativa e informativa específica.

Así destacou a circunstancia que a inmensa maioría dos accidentados en tractores e motocultores son varóns de mais de 60 anos e a tipoloxía de accidente mais frecuente o envorco , ao tempo que avogou por acortar os períodos de revisións médicas e neste colectivo, máis alá da preceptiva derivada da posesión do Carnet de conducir.

Ferreiro destacou así mesmo que o estudo insta a unha intensificación das Inspeccións técnicas de vehículos agrícolas, aumentando a frecuencia dos mesmos e a cercanía aos lugares de actividade agraria, ámbito no que son necesarias importantes melloras.

Parque de maquinaria agrícola.

No tocante a situación do parque de maquinaria agrícola, o estudio avoga, en palabras de Antonio Ferreiro “mais que por unha renovación do Parque de maquinaria existente , que nestes momentos éespecialmente difícil tendo en conta situación extremadamente crítica que vive o Sector, por medidas de fomento de adaptación da maquinaría existente as actuais esixencias de seguridade.

Nese senso destacou que é inconcebíbel que a día de hoxe segan circulando polos camiños e as estradas máquinas que carecen dos elementos de seguridade mais elementais, poñendo como exemplo o “arco de seguridade” dos tractores,

Manual prácticas de seguridade vial.

En aras de elimiar as eivas en seguridade no agro detectadas por este estudo, o SLG presentou tamén na mañá de hoxe un manual de uso práctico titulado “Seguridade vial e prevención de Riscos específicos na maquinaria agrícola” que busca proporcionar aos traballadores/as do sector agropecuario, recomendacións preventivas básicas no uso da maquinaria agrícola.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Ecorregímenes 2023: alcanzan 18,2 Mha y el 23% del presupuesto de ayudas directas 22/09/2025
  • Extremadura aprueba 2M€ en ayudas urgentes para explotaciones agrarias por los incendios 22/09/2025
  • Publicado el listado de beneficiarios de la ayuda extraordinaria por daños de la DANA 22/09/2025
  • Bruselas juega al poli bueno y poli malo 22/09/2025
  • La renta agraria de Aragón creció un 14,8% en 2024 impulsada por el porcino y los cereales 19/09/2025
  • Aragón firma una declaración conjunta en defensa de la PAC 2028-2034 18/09/2025
  • COAG Andalucía respalda la postura de la Junta contra la reforma de la PAC 18/09/2025
  • Castilla y León habilita el formulario para solicitar ayudas por vallados dañados en incendios 17/09/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo