Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia convocou para hoxe mércores, as doce do mediodía, unha concentración de protesta diante da sede da Delegación de Facenda en Compostela. O acto reivindicativo en defensa do campo programouse conxuntamente con Unións Agrarias e servirá de ensaio para posteriores accións e iniciativas que ambas organizacións están sopesando.
O secretario xeral da organización, Juan Pérez Miramontes, declarou, trala ronda de conversas mantida en Madrid coa ministra Elena Espinosa que “non hai dereito a que, unha vez máis, os agricultores sexan os máis prexudicados; non hai dereito a que, coma sempre, se nos aplique un trato discriminatorio; non hai dereito a que o Goberno nos teña olvidados e a que só resolva os problemas dos que máis se queixan. E como no hai dereito, ímosllo dicir co único idioma que parecen entender”.
Logo de expresar a súa decepción pola intransixencia da ministra “que non tivo —dixo— a mesma actitude con outros colectivos”, o dirixente de Xóvenes Agricultores, que hoxe presidiu a xuntanza extraordinaria da súa executiva, explicou que o convencimento de que se ía chegar a un acordo co Goberno fixo que non se pensara na activación das protestas ata moi a última hora. Finalmente expresou a súa confianza en que a sociedade sabería entender ás demandas dos agricultores “ós que se nos trata —precisou— como ó último peldaño social”, e fixo un chamamento para que as tres organizacións profesionais agrarias cheguen a un acordo unitario “e conseguir que o efecto das protestas sexa exponencial”.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.