Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Vacuno / SLG: A baixada de prezos da carne de vacún provocará unha perda de dez millóns de euros aos gandeiros galegos

           

SLG: A baixada de prezos da carne de vacún provocará unha perda de dez millóns de euros aos gandeiros galegos

20/09/2004

As explotacións de gando vacún de Galiza estanse vendo afectadas, unha vez máis, polos baixos prezos que se están a dar nos últimos tempos. O problema é grave, pois estamos a falar de máis de 20.000 explotacións que viven directamente da producción cárnica no noso País, sendo a principal actividade socioeconómica que se está a dar nalgunhas comarcas de Galiza.

Habitualmente, o verán é a época na que se acadan os prezos máis altos. Nembargantes, neste ano 2004 puidemos comprobar que durante o período estival os prezos medios da carne de vacún pagados ó productor roldaron 3’7 euros por quilo canal, o que supón uns prezos inferiores aos de hai vinte anos. Como dato indicativo cómpre subliñar que, no ano 2003, estes prezos roldaron unha media 4’5 euros por quilo canal. Se facemos cálculos, as perdas supoñen máis de 10 millóns de euros no conxunto de Galiza.

A día de hoxe, a situación de moitas explotacións cárnicas esta a ser insostible debido a esta crise de prezos, sen que por parte da Administración se tome ningún tipo de medida nun sector tan estratéxico para o noso País. Evidentemente, estes prezos son baixos para os produtores, pero non para os consumidores, os cales están pagar os mesmos cartos pola carne que desembolsaban ata o de agora e, en moitos casos, unha cantidade superior. Por outra banda, tamén se produciu unha caída no consumo de carne de vacún nos últimos tempos. Esta crise afecta a todas as explotacións cárnicas existentes en Galiza, incluído un importante número de produtores inscritos na Indicación Xeográfica Protexida “Ternera Gallega”.

As causas desta crise son múltiples. Por unha banda, temos que facer referencia a que o consumo de carne de vacún non medrou nos últimos tempos, tendendo á baixa no 2004; por outra, nos últimos anos promoveuse un modelo productivo de carácter agroindustrial que favoreceu unha baixada de prezos importante. Outro dos factores que influíron dunha forma directa nesta caída foron os acordos bilaterais que, como consecuencia do fracaso da Organización Mundial do Comercio, se firmaron entre a Unión Europea e Mercosur, mediante os cales a Unión Europea está a importar carne destes estados a prezos máis baratos e, ao mesmo tempo, boa parte dos países de destino das exportacións cárnicas da Unión Europea son abastecidos por Mercosur.

Dende o Sindicato Labrego Galego, demandamos das Administracións competentes que establezan mecanismos que garantan un prezo mínimo para a carne de vacún que cubra os custes de producción e que aseguren un nivel de vida digno para todos os productores de carne deste País, algo imprescindible de cara evitar a desertización do medio rural galego.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Francia e Italia suman más de 130 focos de dermatosis nodular contagiosa 09/09/2025
  • La producción de carne de vacuno en España creció un 12 % en 2024 y alcanzó 4.452 M€ 03/09/2025
  • Denuncian desabastecimiento de crotales electrónicos 02/09/2025
  • Riesgo muy alto para España: Francia e Italia acumulan 76 focos de Dermatosis Nodular Contagiosa 30/07/2025
  • Francia suma nuevos focos de dermatosis nodular contagiosa y amplía la zona de restricción 22/07/2025
  • El MAPA ventila el tema de la tuberculosis bovina con 10 minutos al año, denuncia UdeU 21/07/2025
  • 47 focos de Dermatosis Nodular Contagiosa en Francia e Italia 18/07/2025
  • Luz verde a las extensiones de norma de OIAM y Provacuno 18/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo