Unións Agrarias denuncia que a cebada o ano pasado por estas datas era de 230 euros/tonelada e actualmente a penas está a 160 euros/tonelada. Non obstante a media do prezo do penso para gando de leite en agosto do 2012 era de 0,360 euros/kg, e a día de hoxe atopa 0,330 euros/kg
UUAA denuncia que a baixada das cotizacións da cebada e do trigo respecto ao ano pasado dun 30% non está a repercutir ao mesmo nivel que os prezos do penso, que é tan só un 8,3% menos que no 2012 por estas datas. A organización esixe ás industrias de elaboración de pensos que repercutan xa, de xeito inmediato, aos gandeiros e na mesma proporción o actual descenso do valor económico das materias primas que se utilizan na súa composición.
Actualmente o prezo da cebada e do trigo caeu un 30% e un 27% respecto a hai un ano, polo que os descensos no prezo do penso actualmente deberían ter esa mesma proporción. A cebada págase ao agricultor a 160 euros por tonelada, fronte aos 230 euros/tn de fai agora un ano. Os agricultores están a percibir polo trigo 170 euros/tn fronte aos 234 euros/tn de agosto do 2012.
Non obstante, a día de hoxe os gandeiros pagan polos pensos de media 0,330 euros/kilo, mentres que en agosto do 2012 o prezo era de 0,360 euros/kilo, apenas un 8.3% menos. Por este motivo pedimos ás fábricas de pensos, incluídas as cooperativas, que ao igual que encarecen os pensos cando se producen subidas na cotización dos cereais, neste momento debe reducirse e na mesma porcentaxe o prezo final do penso. Lonxe de actuar así manteñen moi altos os prezos dos pensos, o que fai insostible o mantemento de centos de explotacións gandeiras.
Esta situación reflexa a especulación á que se ven sometidos os produtores agrarios ante a ausencia de mecanismos de defensa para poñer fin aos abusos dos que son vítimas os agricultores e os gandeiros. Neste sentido desde UUAA pídese unha vez a creación dun Observatorio de Prezos que acabe coas prácticas abusivas e permita planificar ós titulares das explotacións unha xestión equilibrada das mesmas que redunde na súa eficacia e na sustentabilidade do medio rural.
Unións Agrarias lembra que nestes meses as explotacións están a consumindo gran cantidade de penso dadas as elevadas temperaturas e a ausencia de precipitacións rexistradas neste verán ocasionaron unha redución do 40% na produción do millo forraxeiro, o que se traduce en perdas de mais de 35 millóns e medio de euros. Este cultivo, fundamental na dieta do gando vacún, xa resultara gravemente afectado polas excepcionais condicións de humidade e frío da pasada primavera que ocasionaron retrasos na sementeira avaliados naquel momento en perdas de 14,4 millóns de euros
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.