O sindicato Unións Agrarias pide a Medio Rural a apertura inmediata dunha nova convocatoria de Plans de Mellora para dar saída aos máis de 1.500 expedientes de solicitude de axudas para as granxas que quedaron fora no última exercicio.
Resulta un contra sentido que se anuncien a incorporación de mais de 600 mozos as explotacións agrarias cando a moitos deles se lles negou as axudas para modernizar as instalacións. Para corrixir esta situación é importante que se habilite o antes posible unha convocatoria e que se asuman todos os expedientes que quedaron fora na anterior sen necesidade de nova tramitación. So así se podería comezar as obras nas granxas no verán e así ter resoltas as modificacións no menor tempo posible.
UUAA espera que se actúe desde a Xunta contra a política recadatoria do Ministerio de Hacienda que insiste “facer caixa” grazas as axudas recibidas de Medio Rural naquelas explotacións que rexistraron incorporación de xoves á actividade agrogandeira. Deste xeito, as declaracións da renda dos produtores novos están sendo modificadas pola AEAT co argumento de que os ingresos percibidos de man da Xunta de Galicia deben tributar como subvención corrente e non como axuda de capital polo que pasan directamente a liquidación de impostos do IRPF de ese ano.
Finalmente a organización agraria solicita que se abran novos centros no que se poidan realizar os curso de formación para os mozos que se incorporan as granxas, dado que tratándose dun programa de 250 h, supón un custo importante que non deben asumir os futuros produtores desprazándose a estes centros. Para iso é necesaria habilitar centros de proximidade que complemente a oferta existente. Fuente: UUAA
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.