• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Agricultura / Vino / Centos de viticultores e viticultoras de Rías Baixas seguen sen cobrar a vendima de 2011 ao ficar sen fondos os pagarés das adegas

           

Centos de viticultores e viticultoras de Rías Baixas seguen sen cobrar a vendima de 2011 ao ficar sen fondos os pagarés das adegas

21/01/2013

Centos de viticultores e viticultoras de Rías Baixas están afrontando impagos pola uva vendida na vendima de 2011, ao descubrir que os pagarés que lles deron as adegas non teñen fondos. A escusa que poñen algunhas das adegas implicadas como Gran Bazán, Lagar da Condesa, Sucesores de Benito Santos ou Núñez Andión é que, por mor da crise, o viño non está tendo saída, polo que só poderán ir pagando a medida que vaian vendendo. Sen embargo, isto é falso, pois as adegas están atendendo puntualmente as súas obrigas cos provedores, cousa que non fan cos viticultores e viticultoras. Ademais, o gran problema coa vendima de 2011 foi que se permitiu unha gran sobreprodución de uva, mesmo autorizándose un aumento do cupo do 16% por parte do consello regulador, e entrando cantidades masivas para vinificar. O resultado foron un excedentes que, unido ao descenso do consumo por mor da crise, van ser case imposibles de vender. Así o puxeron de manifesto varias persoas afectadas nunha asemblea organizada polo Sindicato Labrego Galego en Ribadumia, o pasado venres 18 de xaneiro. A esta xuntanza asistiron a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane; o avogado Ramón Barreiro, para asesorar aos viticultores e viticultoras asistentes; e a responsable da organización agraria na comarca do Salnés, Belén Torres Alonso.

Dende o Sindicato Labrego Galego iniciouse unha campaña que terá varias frontes abertas: por unha banda, prestaráselle asesoramento xurídico e administrativo ás persoas afectadas; por outra, xa se iniciaron contactos, e seguiranse facendo, coa administración, o consello regulador de Rías Baixas, entidades bancarias e adegas para acadar unha solución o máis rápida posible a este problema.

Devolución dos cartos da vendima e sancións por ficar os pagarés sen fondos

Como é costume na denominación de orixe Rías Baixas, as adegas pagan a ano vencido. Neste caso, a vendima de 2011 debería terse pagado en decembro de 2012. Para asegurar a liquidez das explotacións vitícolas, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) desenvolveu unha liña de axudas para adiantar os cartos que as adegas lle pagan a viticultores e viticultoras pola colleita. Así, na vendima de 2011, as adegas comprometéronse a pagar en nadal de 2012. Con estas axudas, o Igape adiantou eses cartos en forma de préstamo bancario, de maneira que a Xunta se fixo cargo dos xuros e o diñeiro anticipouse xa en febreiro.

A gran sorpresa veu cando os beneficiarios e beneficiarias destas axudas se atoparon sen os fondos nas súas contas bancarias a finais de 2012, a serlles descontados os cartos gañados coa vendima e as penalizacións por non ter feito as adegas os ingresos que debían na data de vencemento dos pagarés. Mesmo houbo casos de persoas que, ao non ter fondos suficientes, quedaron en números vermellos e tiveron que pedir préstamos para afrontar esa débeda bancaria, mentres que as adegas seguen sen pagar de xeito impune, vivindo de prestado grazas a unha colleita de 2011 que aínda non pagaron. Nun modus operandi semellante ao da estafa das preferentes, as entidades bancarias non informaron da letra pequena destes pagarés, e o meirande das persoas afectadas que se acolleron ao adiantamento dos cartos descoñecían que nos documentos asinados se poñían elas como responsables e garantía do cobro, e non as adegas.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre VINO

  • El sector vitivinícola español necesitará más de 22.000 jóvenes para garantizar el relevo generacional 07/11/2025
  • Todavía hay que ajustar más el paquete vitivinícola, según Copa-Cogeca 07/11/2025
  • Los europarlamentarios aprueban una más flexibilidad en los fondos europeos para apoyar al sector vitivinícola 06/11/2025
  • Los gigantes del vino europeo sellan en Roma una alianza frente al cambio climático 06/11/2025
  • UPA Andalucía pide revisar los precios del seguro agrario para la uva de vinificación 04/11/2025
  • La producción de vino europeo crece un 1% en 2025, pero sigue lejos de su recuperación 29/10/2025
  • La DOCa Rioja encara el final de una vendimia histórica por su calidad en su Centenario 29/10/2025
  • UCCL advierte: “Está en riesgo el futuro del vino en la Ribera del Duero” 28/10/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo