O sindicato Unións Agrarias presentou un moción naqueles concellos galegos nos que a actividade vitivinícola ten unha considerable presenza no sector económico para manifestar a súa postura en contra da supresión do réxime dos dereitos de plantación de viñedo. Ao tempo, solicita ás Administracións locais a que se comprometan e defendan súa continuidade naqueles foros e encontros nos que se debata esta cuestión.
O réxime de dereitos de plantación de viñedo supón o principal mecanismo de xestión dos viñedos comunitarios e a súa eliminación provocaría a deslocalización da produción, a perda e desaparición do patrimonio vitivinícola dos produtores, con grave incidencia nas rexións afectadas, así como un forte desequilibrio ambiental.
A organización sindical adoptou esta medida despois de que a Unión Europea autorizase en 2007 a supresión destes dereitos de plantación a partir de 2015, unha resolución que foi tamén ratificada pola Organización Común dos Mercados Agrícolas (OCM) para a partir de 2014.
Unións Agrarias inicia así esta campaña de accións en contra da supresión do réxime de dereitos de plantación conscientes de que en 2012, a OCM presentará unha serie de conclusións decisorias nas políticas futuras que se adopten no sector vitivinícola europeo.
Para Unións Agrarias, este réxime de plantación ten demostrado a súa eficacia en termos produtivos e cualitativos na Unión Europea fronte á forte competencia dos viños de calidade de países terceiros.
A nivel local, o sindicato chama a atención sobre a importancia económica e social dos viñedos en cada un dos municipios , así como sobre os esforzos dos viticultores locais respecto da calidade de produción, a sostenibilidade ambiental e paisaxística e a creación de valor dos produtos vitivinícolas galegos.
Pola contra, a liberalización das plantacións provocaría un incremento da oferta, debilitando as condicións produtivas das zonas tradicionais de cultivo, especialmente prexudicial para as zonas amparadas por denominacións de orixe, e previsiblemente, suporía un descenso dos prezos das uvas e os viños. Esta baixada dos prezos provocaría que os produtores serían incapaces de soportar os custes ligados á produción, provocando o abandono e en xeral, un descenso importante da calidade.
Unións Agrarias presentou esta moción en todos os concellos implicados no sector vitivinícola contando tamén co apoio de UPA, ASAJA, COAG e Coooperativas Agro-alimentarias.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.