O sindicato Unións Agrarias vén de convocar unha manifestación que discorrerá baixo o lema Polo dereito a producir. Especulación non que terá lugar hoxe 19 de setembro, contra a actitude irresponsable e intransixente do Consello Regulador da DO Rías Baixas que tras recoñecer a excelente calidade e a cantidade de uva desta vendima 2011, se nega a autorizar o incremento máximo nas cotas do seus viticultores.
Cabe lembrar que este órgano autorizou o pasado mes de agosto un incremento do 15%, unha resolución que xa foi discutida desde Unións Agrarias e cualificada de “totalmente insuficiente”. Para este sindicato, este incremento non responde á excelente colleita que se espera cuxa produción se sitúa, segundo estudos da organización sindical e do propio Consello Regulador, en torno aos 38 millóns de quilos de uvas.
Para UUAA, o que está a perseguir o Consello Regulador é crear unha bolsa de uvas en B ao tempo que provocará o descenso do prezo do produto, polo que sae prexudicado será, coma sempre, o viticultor e o propio mercado do sector.
Despois de solicitar por activa e pasiva que o Consello Regulador reconsiderase o incremento do 15%, o sindicato UUAA fixo un chamamento á mobilización o pasado venres tras a celebración da Comisión de Seguimento da DO Rías Baixas.
A manifestación, prevista para o vindeiro luns e na que se estima unha participación masiva viticultores que levarán tractores para apoiar a protesta, partirá da Praza da Pedreira, onde se empraza a sede do Consello Regulador Rías Baixas, e rematará en Campolongo, diante da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.
O seu perorrido transcorrerá polas rúas Gregorio Fernández, Pasantería, o Paseo de Antonio Odriozola Pietas, a Praza da Ferrería, rúas Benito Corbal, Daniel de la Sota, Peregrina, San Pedro Alcántara, Alfonso X El Sabio e rúa Luis Braille.
Cabe lembrar que a pasada vendima, dada a excelente colleita, ratificada polo propio Comité de Cata que a cualificou de ‘moi boa’, o sindicato propuxera daquela no mesmo marco do Consello Regulador da DO Rías Baixas un incremento do 25% na produción na vendima 2010, atendendo, así mesmo, á demanda das cooperativas destas comarcas. Sen embargo, neste órgano tan só se aprobou un incremento do 8,33%, unha decisión que trouxo graves prexuízos para a redor de 1.000 viticultores da comarca que están sancionados a día de hoxe.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.