Os vogais da organización profesional agraria Xóvenes Agricultores proporán mañá ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, que o seu plenario inste á Xunta de Galicia a modular á baixa as sancións que recaíron sobre os viticultores que se excederon na producción de uva na campaña 2009, sobrepasando rendementos de 12.000 kilos por hectárea. XX.AA. considera que esta demanda de rebaixa das multas á súa contía mínima ven xustificada polas condicións que se deron nalgunhas zonas das comarcas produtoras naquela campaña e polas posibles discordancias de actualización dalgúns datos das parcelas. Esta é, ademais, a proposta que dende hai meses ven defendendo o secretario da organización profesional agraria, Francisco Bello, nas xuntanzas mantidas cos representantes da Consellería do Medio Rural para falar desta problemática e buscar unha solución.
Cómpre lembrar que son só 62 os viticultores que excederon os rendementos de producción de uva nos seus terreos, dos máis de 6.000 que están acollidos á Denominación de Orixe. Nembargantes esta pequena cifra de afectados polas multas, Xóvenes Agricultores proporá esta solución para dar saída ao problema xerado pola aplicación das multas para estes produtores, buscando que a afectación económica sexa a mínima para todos eles e amparándose no establecido no artigo 42.2 da Lei 24/2003 da Viña e do Viño, sobre graduación das sancións cometidas.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.