A asistencia de máis de tres mil produtores á convocatoria unitaria realizada por Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias e Sindicato Labrego foi, polo demais, considerada -en palabras de Francisco Bello, secretario xeral de Xóvenes Agricultores- como un “éxito rotundo dunha protesta contra a decisión unilateral, ilegal, inxustificada e retroactiva de baixar o prezo do leite por parte das empresas”.
En opinión do dirixente agrario “non soio non existen razóns de mercado para tal baixada senón que os empresarios están facendo caso omiso das directrices comunitarias e nacionais, para dese xeito conseguir cada vez màis beneficios”.
Para Xóvenes Agricultores non é de recibo que o prezo medio do leite ao consumidor esté en 85 céntimos (e nalgúns casos acade ou sobrepase o euro) mentres que aos produtores se lles viña pagando a 42-45 céntimos e agora queiran baixala a menos de 40 céntimos. Sobre todo, se temos en conta que os costes de producción de combustible, piensos e fertilizantes multiplicouse por dous.
A nosa organización reclama que na Mesa do Leite do vindeiro luns se chegue a acordos comerciais coas industrias, válidos para toda a campaña leiteira. No noso entender, a vía de resolución do conflito debe basearse na negociación, por iso condenamos que as industrias vulneren as normas e penalicen de maneira ilegal aos produtores que cambian de empresas roubándolles de 5 a 7 pesetas na última factura que teñan pendente, ou cobrando as multas da supertaxa de hai 4 ou 15 anos.
Santiago, 13 de marzo de 2008
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.