As solicitudes de abandono da producción láctea aumentaron en máis dun 40% con respecto ó ano anterior, segundo as informacións das que dispón Xóvenes Agricultores. E a perda de patrimonio dos productores lácteos galegos, entre 2006 e 2007 pode estimarse en máis de 200 millóns de euros, se temos en conta o que o Estado pagou cada un deses dous anos por abandonar a producción de leite en Galicia.
Ao noso xuizo, este espectacular aumento do abandono en Galicia, cando a situación de prezos é favorable e o prezo do abandono é de tan só 0,19 €, é un efecto directo da política errática seguida polo Ministerio de Agricultura. Nese sentido compre denunciar que nos últimos tempos o Goberno interviu totalmente ao sector quitándolle o valor a cota e non deixando medrar as explotacións galegas, cuns plan lácteos políticos que nunca estiveron á altura das necesidades do sector.
Na provincia da Coruña os abandonos poden superar os 25.000.000 de quilos cunha cota media por abandono de 58.000 quilos por explotación; en Lugo acádanse os 22.000.0000 de quilos, cunha media de 70.000 quilos; e en Pontevedra máis de 6.000.000 de quilos.
Todo o anterior, ademáis da inminente desaparición das cotas lácteas e que tanto a Consellería do Medio Rural e o Ministerio de Agricultura, como máximo responsable non están a facer nada para adecuar as nosas explotacións as novas regras de xogo que se preven para os vindeiros anos, fomentaron a incertidume nos agricultores.
A nosa organización cree que o sector en Galicia ten futuro e que imos a abandoar menos cota ca no resto do Estado. De feito, xa somos os únicos que producimos por riba da mesma, e o que necesitamos é unha política decidida de apoio tanto da Consellería do Medio Rural coma do Ministerio, a través dun incremento das cotas aos gandeiros galegos e de plans ambiciosos para a modernización das nosas granxas.
Santiago, 3 de xaneiro de 2008
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.