O Sindicato Labrego Galego e a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) quere saír ao paso, unha vez máis, das mentiras de Unións Agrarias vertidas en varios medios de comunicación, nesta ocasión en referencia a un suposto e inexistente contrato tipo que vai regular a integración da avicultura de carne.
En efecto, onte houbo unha xuntanza para tratar este tema no Ministerio de Agricultura (MAPA). Na reunión, a COAG opúxose rotundamente ao borrador de contrato tipo presentado polo MAPA por ter varias carencias e erros; ao mesmo tempo, fixo achegas para melloralo. Ao final, o MAPA fixou un novo encontro para o vindeiro luns, 26 de febreiro, no que presentará un novo borrador corrixido de contrato tipo que terá que ser de novo debatido. En resume, non houbo acordo, tal e como dixo UUAA; non hai ningún contrato tipo feito nin aceptado polas organizacións agrarias; e, polo tanto, non se asinou ningún documento.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.