Xóvenes Agricultores tramita dende onte, na súa rede de oficinas en toda Galicia, a devolución do Imposto sobre Hidrocarburos do gasóleo bonificado para agricultores e gandeiros, regulada pola Orde do Ministerio de Economía e Facenda publicada o 15 de febreiro do 2.007.
Os beneficiarios da devandita devolución son todos aqueles agricultores e gandeiros que utilizan gasóleo bonificado na súa actividade e dispoñen de facturas ou cheques que acrediten a súa compra.
A cantidade a devolver resulta de aplicar o tipo 78,71 euros por 1.000 litros, polo volumen de gasóleo consumido dende o 1 de outubro de 2005 ó 30 de setembro de 2006 e polo coeficiente 0,998, o que supón; aproximadamente 7,8 céntimos por litro.
Para reclamala é necesario presentar unha solicitude a través da páxina da Axencia Tributaria en Internet antes do vindeiro 16 de abril do 2007. Para o debido asesoramento de tódolos agricultores e gandeiros que o precisen, Xóvenes Agricultores dispón dun equipo técnico en cada unha das suas oficinas. Os interesados deberán aportar o DNI, facturas ou cheques de gasóleo dende 1.10.2005 ao 30.09.2006, documentación de tódalas máquinas da explotación que consuman gasóleo e o número de conta bancaria onde queren que se lles ingresen os cartos.
Santiago, a 16 de febreiro de 2007
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.