“Ademáis -precisou o dirixente de ASAJA Galicia- a operación de intentar colocar a José Luis García Pando ó fronte do Consello é unha burda maniobra política para promocionalo como candidato do BNG á alcaldía de Rubiá, onde a vez anterior non conseguiu nin ser concelleiro”. En opinión de Francisco Bello, a incompatibilidade do candidato a presidente do Consello “é dende logo ética” e consiste en que traballa como inspector de sanidade, e como tal compételle a inspección das adegas. En canto á súa representatividade, Bello Bello explicou que, de entrada, Gacía Pando ten en contra a máis da metade do sector xa que a súa candidatura foi impugnada polo único vocal representante dos case 1.000 viticultores da Denominación; pola Cooperativa do Barco, con máis de 600 socios; e pola principal empresa adegueira da zona, a de Joaquín Rebolledo. “Por si fora pouco -engadiu- coa nova situación romperíase a paridade no Consello, a favor das adegas e en detrimento dos productores”. Polo demáis, Xóvenes Agricultores sigue considerando que o pleno que elixiu ó candidato do BNG foi convocado con defectos de forma e levado a cabo “para tentar conseguir cun golpe de man dubidosamente democrático o que non conseguiron no seu día nas urnas”. De feito, a organización agraria deplora que se forzara a convocatoria de pleno sin que o Conselleiro lle respostara antes á demanda dunha explicación das causas que motivaron o cese do presidente anterior. Tamén se lle pedía a Suárez Canal información concreta sobre o contido do suposto informe xurídico no que se basearían.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.