A concentración, que contou cunha decena de tractores é un aviso de outras medidas máis contundentes que as organizacións agrarias levarán a cabo “para evitar, en palabras dun dirixente de Xóvenes Agricultores, que os traballadores do campo nos convirtamos nunha especie en extinción”.
O voceiro oficial de Xóvenes Agricultores, Juan Pérez Sánchez-Orozco declarou que non era de recibo que o Goberno se enrocara en posicións numantinas. “Estanos demostrando que cos agricultores non están dispostos a ceder nada, polas boas. Estamos fartos de que os carburante e as materias primas non paren de subir e de que os prezos do leite, da carne e de tódolos productos agrícolas en xeral, non paren de baixar. O Goberno non ten sensibilidade co colectivo agrario e ten demostrado que non lle importa nin que esteamos nunha situación insostible, nin que a súa política nos condene ós agricultores e gandeiros a converternos nunha especie en vías de extinción”.
Finalmente, gandeiros de ambas organizacións insistiron na necesidade, apuntada onte polo secretario xeral de Xóvenes Agricutores, Juan Pérez Miramontes, de que o SLG se sume, a partir de hoxe, á unidade de acccion sindical das tres organizacións, en defensa do campo galego.
Santiago, 30 de novembro de 2005
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.