27/7/2017

LACTALÍS mentres anuncia subas en Francia mantén os prezos mais baixos de todo o Estado e dos mais baixos de Europa na Galiza.

En datas pasadas a empresa Lactalís, anunciaba os gandeiros franceses subas considerables no prezo do leite, concretamente falábase dunha cifra de 0,36 euros/litro no mes de setembro. A importancia desta suba, ten un especial interese no sector lácteo galego, non estamos a falar de calquera industria, senón que o grupo Lactalís a día de hoxe, e primeira industria galega por volume de recollida. Este grupo argumentaba esta suba como consecuencia das importantes subas que se están a dar nos mercados mundiais, pondo como exemplo que o prezo da manteiga subiu case un 100% no último ano.

Desde a Federación Rural Galega - FRUGA consideramos que calquera aumento do prezo do leite e derivados que se produza a nivel mundial ten que traducirse inmediatamente nos prezos que perciben as explotacións lácteas galegas. A día de hoxe cobramos o prezo mais baixo do estado español, e dos prezos mais baixos da Unión Europea, dándose a circunstancia de que existen empresas que pagan mais o leite noutros puntos do estado que na propia Galiza. A produción láctea galega serve en parte para facer cadrar os balances das industrias, castigando a produción láctea galega a cambio de aplicar subas noutras partes do estado ou da Unión Europea. A industria Lactalís aínda non dixo nada, de como vai repercutir esa suba que anunciou en Francia nas explotacións galegas, si é que realmente ten previsto aplicala no noso país.

FRUGA entende, que este tipo de prácticas están a amosar o mais absoluto fracaso da Xunta de Galicia, no que se refire o sector lácteo. Os sucesivos gobernos de Feijoó foron incapaces de conseguir unha industria forte neste país, o cal derivou en que a día de hoxe o principal recolledor de leite en Galiza sexa un operador francés. Exemplos como Alimentos Lácteos, son un espello do que realmente foi o papel da administración autonómica na consolidación dun gran grupo lácteo galego.

Os gandeiros galegos, temos os mesmos dereitos que o resto de gandeiros da Unión Europea, e non vemos ningún tipo de razóns para que as subas repercutan noutras estados e en Galiza non. A Consellería de Medio Rural esixímoslle que tome cartas no asunto, e que poña en marcha a Mesa do Leite, para que evitar todo este tipo de discriminacións que sufre o sector lácteo galego.


M�s informaci�n sobre leche



Con la excepci�n de las disposiciones legales, est� expresamente prohibida la reproducci�n y redifusi�n sin nuestro permiso expreso de todo o parte del material contenido en esta web, incluyendo como tal la hipervinculaci�n en p�ginas de marcos.