21/4/2017

Nota de Unións Agrarias-UPA

UUAA pide ampliar o prazo para os plans de mellora

O sindicato Unións Agrarias pide á Consellería de Medio Rural a ampliación do prazo de presentación de solicitudes de plans de mellora para as explotacións gandeiras. Para a organización agraria non cabe outra solución despois de que a Xunta adiase 20 días a publicación das normas complementarias nas que se fixan requisitos a cumprir, investimentos subvencionables e niveis de apoio para cada gasto.

Una situación que é extensible a tramitación das axudas para a incorporación de mozos e mozas á actividade agrogandeira. Neste sentido, nas oficinas agrarias confirman que a día de hoxe aínda non rexistraron ningunha solicitude pola falta da normativa que ata hoxe non veu a luz.

UUAA lembra que si se mantén o prazo de peche da convocatoria no 2 de maio, moitas solicitudes van a quedar fora porque a recompilación de documentación leva tempo e ademais estamos en plena campaña de ensilado nas granxas co que o tempo do dispoñen os produtores é moi limitado.

Unións Agrarias considera que se non se amplía o prazo polo menos nun mes n non se van poder atender aos máis de 1.500 expedientes de solicitude de axudas para as granxas que quedaron fora no última exercicio.

Por outra banda UUAA espera que se actúe desde a Xunta contra a política recadatoria do Ministerio de Hacienda que insiste “facer caixa” grazas as axudas recibidas de Medio Rural naquelas explotacións que rexistraron incorporación de xoves á actividade agrogandeira.


M�s informaci�n sobre desarrollo rural



Con la excepci�n de las disposiciones legales, est� expresamente prohibida la reproducci�n y redifusi�n sin nuestro permiso expreso de todo o parte del material contenido en esta web, incluyendo como tal la hipervinculaci�n en p�ginas de marcos.